Sobre Nosoutros
Coñece a nosa historia
Froito da experiencia adquirida ao longo de miña vida viaxando por diversos países, case a metade do noso planeta, naceu en min a necesidade de presentar ao mundo a miña terra e de amosar as incribles maravillas dun territorio que, pese a pertencer a un estado tan turístico coma España, é, sen embargo,o gran descoñecido para o viaxeiro.
Unha vez visitado selvas como a de Borneo, descubrín que o noso parque nacional de As Fragas do Eume, ten tanta riqueza como ela, aínda que con diferente fauna. Unha vez visitadas praias do Caribe, Asia,Oceanía,..., descubrín que todas elas están presentes, dende Illas Cíes a As Catedrais, pasando por Corrubedo e Doniños. Unha vez visitado monumentos en Europa, Asia, América, África,..., descubrín que os nosos Mosteiro de Caaveiro, Torre de Hércules,..., está á altura de cualquera deles.
En definitiva, Galicia, un lugar onde todo o virxen está por descubrir e no que non existen distancias para poder pasar da praia á montaña e desfrutar de experiencias maravillosas prácticando todo tipo de deportes en contacto coa natureza coma o surf, mountain bike, trekking, parapente, barranquismo,... e onde os amantes do motor desfrutarán das mellores competicións en forma de ralis.
Por todo elo, quixen preparar un lugar cálido, moderno, de calidade e céntrico, dende o que poder visitar todo o noso territorio e facervos desfrutar da nosa hospitalidade e gastronomía. Non deixes pasar a oportunidade, ven a coñecernos e nosoutros faremos o resto para que queiras repetir.
Fátima Ameneiro – Directora Xeral Apartamentos turísticos AUGA

